Investir en Marketing Dixital: as campañas de SEM.

Investir en Marketing Dixital: as campañas de SEM.

O SEM (Search Engine Marketing) é un produto de marketing online (internet) cuxo obxectivo é promocionar un negocio en buscadores.

É unha forma de publicidade en páxinas de busca (Google, Bing) ou de contido (por exemplo, un diario dixital que teña reservado un espazo para a publicidade de Google) que lle permitirá ó teu negocio atraer clientes de calidade (traducido a: visitas á túa web, visitas á túa tenda física, chamadas de teléfono á túa empresa…) dunha forma rápida e efectiva.

As razóns para investir en SEM.

  • Resultados a corto prazo: as campañas SEM teñen un retorno inmediato se a estratexia é correcta. Isto é máis complicado de lograr cunha estratexia SEO.
  • Visibilidade: os resultados da primeira páxina de Google lévanse el 91,5% de los clicks nos resultados. Cunha estratexia de campañas SEM, os teus anuncios aparecerán na primeira páxina de Google ou Bing, algo difícil de conseguir mediante o SEO (Search Engine Optimization).
  • Segmentación: Podes dirixirte só o teu público obxectivo. É posible segmentar unha campaña de AdWords á unha área xeográfica concreta, segmentar por rango de idades, escoller as horas do día nas que se mostrarán os teus anuncios…
  • Ti escolles a inversión: o orzamento podelo establecer e modificar constantemente e só pagarás por cada visita que xerase o teu anuncio nos buscadores.
  • Análise de resultados: os resultados das túas campañas son facilmente medibles con informes personalizados ó teu gusto, por días, horas…

¿E ti? ¿Queres conseguir tráfico de calidade na túa web e convertelo en ventas? En francornide.es a nosa experta en SEM ten máis 5 anos de experiencia xestionando campañas de posicionamento de pago para clientes de diferentes sectores e cos máis variados obxectivos: branding, ventas, captación de leads…

Se queres unha campaña de marketing online non dubides en poñerte en contacto con nós e asesorarémoste sobre que campaña é a máis indicada para a túa empresa.

Comparte este artigo