NO LUGAR INDICADO, NO MOMENTO XUSTO
PUBLICIDADE DIXITAL
Creamos, xestionamos e optimizamos campañas de publicidade dixital en Google Ads, Bing Ads ou Facebook Ads. Contamos con anos de experiencia utilizando e xestionando campañas neste entorno que dominamos e onde se poden acadar grandes resultados.
Se queres conseguir visibilidade, ou promocionar unha campaña de lanzamento dun novo servizo ou dun novo producto, ou simplemente para xerar unha imaxe de marca determinada impactando a un target concreto, estás no lugar correcto.



Proba a publicidade PPC (Pay Per Click) e desfruta das súas vantaxes
Paga únicamente polos resultados. É dicir, só pagas cando alguén fai clic no teu anuncio.
Anúnciate de forma local ou global. Segmenta os teus anuncios por clientes de cidades, rexións ou países concretos, ou dentro dun radio específico que ti decidas.
Invirte a cantidade que consideres oportuna. Ti decides a cantidade que queres invertir. Empeza co orzamento diario que che conveña; poderás axustalo sempre que queiras.
Recibe informes periódicos. A medición dos resultados e a consulta destes en calqueira momento do día que ti o queiras.
¿POR QUE DEBERIAS ELIXIRNOS?
- Pola nosa dilatada experiencia no sector, adquirida en empresas de marketing de recoñecemento internacional.
- Porque contamos cunha certificación expedida por Google, que avala os nosos coñecementos.
- Porque xestionamos campañas de naturezas moi variadas: de ámbito nacional e internacional -LATAM, EEUU, UK…; de diversos sectores: educación, moda, retail, hostelería, restauración…; con diferentes obxetivos: orientadas a vendas, a lead, a Branding…
- Porque traballamos en base ás necesidades do teu negocio, desenvolvendo estratexias efectivas de marketing orientadas a alcanzar os teus KPIs. Empatizamos cos nosos clientes. Comprometémonos ó máximo.
- Pola nosa discreción e sentido da responsabilidade. En todo momento somos conscientes da rigurosidade que esixe o noso traballo, non deixando, por elo, de mantener un trato próximo cos nosos clientes.
- Porque non che esiximos unha permanencia. Ainda que che advertimos que, para tomar decisións, é convinte que as campañas estén activas entre 1 e 3 meses en AdWords ou Bing Ads.
