¿Cal é a mellor rede social para a miña empresa?

¿Cal é a mellor rede social para a miña empresa?

As redes sociais tomaron o control de internet dende fai un tempo, e escoller a que mellor se axuste ás necesidades da túa empresa non é tarea doada. Deberás ter en conta que esta é unha decisión fundamental da estratexia de marketing dixital do teu negocio.

Se tomaches a decisión de crear as redes sociais para o teu negocio probablemente penses que debas estar en cantas máis mellor, pero… ERRO! Ó crear todas as redes sociais posibles non só estarás perdendo recusos e tempo, senón que tamén estarás desaproveitando o potencial que certas redes sociais poden ter para facer medrar o teu negocio. Cada unha delas ofrece una experiencia social distinta e deberás decidir cal se amolda máis a estratexia social da túa empresa.

Para escoller a rede social que máis se axuste ás necesidades da túa empresa debes ter en conta uns cantos factores:

  • Identifica ó teu Cliente Ideal. Identificalo mediante idade, xénero, gustos… axudarache a saber en que rede social está máis presente.
  • Establece unha meta cos obxectivos que queiras alcanzar a través das redes sociais. Se necesitas unha rede social para ter un servizo de atención ó cliente, ou desexas facer promocións e anuncios elixe Facebook ou Twitter. Pola contra se crees que o teu negocio pode axudarse da imaxe gráfica ou vídeos para unha estratexia de venta escolle Youtube, Vimeo, Instagram ou Pinterest. Pero se o que necesitas é unha estratexia B2B (empresa – empresa) decántate por LinkedIn.
  • Bótalle un ollo á competencia para axudarte na decisión. Ver os canais de comunicación social da túa competencia pode axudarche a encamiñar máis axiña que redes socias lle interesan ó teu cliente ideal.

Analizando estes tres factores poderás ter unha idea máis clara de como buscar a rede social que máis se axuste ó teu negocio, desa maneira poderás concentrar todos os teus recursos sacando o maior beneficio posible dos mesmos.

Comparte este artigo