Nova Páxina Web de FRAN CORNIDE Deseño Gráfico&Web

Nova Páxina Web de FRAN CORNIDE Deseño Gráfico&Web

Despois dun tempiño traballando nelo, hoxe poñemos en marcha a nosa nova páxina web.

O motivo do cambio atopa a súa razón no noso interese porque os nosos usuarios teñan a mellor experiencia de navegación posible. A pesares de que a anterior versión web xa contaba cun deseño responsivo (non entendemos ningún proxecto web que non estea adaptado a tódolos dispositivos), a ampliación da nosa carta de servizos facía necesaria unha modificación da estrutura da páxina.

Aproveitando a ocasión, creamos unha versión bilingüe (opción de visualización en galego ou castelán) e apostamos por enfocar o deseño da web cara unha liña máis visual: slideshow na Home, iconas ó longo de todo o site…

¡Agardamos que vos guste este cambio e que desfrutedes do voso paso por aquí!

 

Comparte este artigo