¿Por que é tan importante a identidade corporativa para a túa empresa?

¿Por que é tan importante a identidade corporativa para a túa empresa?

Antes de nada, e por se isto che soa un pouco a chino, explicámosche que é a identidade corporativa. Esta é a manifestación física da marca, fai referencia ós aspectos visuais da identidade dunha empresa ou organización. Inclúe o logotipo e elementos de soporte, xeralmente coordinados por un grupo de liñas mestras que se recollen nun documento chamado  Manual Corporativo.

E agora si, ¿por que é tan importante a identidade corporativa para a túa empresa? Porque unha empresa que non ten identidade corporativa pasa desapercibida por os clientes ou usuarios. Sen identidade a empresa expresa falta de seriedade e de compromiso cara os clientes. É moi importante que se temos unha empresa, esta conte cunha identidade corporativa xa que é a imaxe que se transmite cara os clientes é un valor engadido. É importante ter marca, tipografía, colores corporativos e elementos gráficos auxiliares para reforzar a marca e darlle maior imaxe a nosa empresa.

Contar cunha identidade corporativa  permítelle á empresa:

  • Ser recoñecida máis facilmente e recordada polos nosos clientes.
  • Promover a publicidade da imaxe.
  • Maior forza á marca ó ser sempre acompañada da súa identidade corporativa.
  • Distinguirse visualmente da competencia.

Resumindo, podemos afirmar que unha boa identidade corporativa é un valor engadido á empresa que capta clientes e xera ventas. Dende francornide.es estamos desexando axudarche a construíla túa. Unha boa imaxe é #bonegocio.

Comparte este artigo