¿Por que debo ter unha páxina web para o meu negocio?

¿Por que debo ter unha páxina web para o meu negocio?

Oito motivos polos que ter unha web.

Visibilidade na rede.

Este é o primeiro motivo para crear unha web. Internet é unha porta aberta 24h ó día para o teu target.  Pensa que unha actitude normal ó escoitarmos falar dun negocio polo cal nos interesamos, o primeiro é buscala súa web, se non a atopamos empezamos a xerar desconfianza. Por outro lado é unha plataforma de contacto permanente, se necesitan contactar contigo e non atopan o teu número de teléfono ou o teu email, podes haber perdido unha venta.

Imaxe de marca

Unha web que estea ben deseñada, que sexa actual e con contidos bos incrementará a percepción que o mercado teña sobre a túa marca. A imaxe que calquera visitante se faga da túa web establecerase nun segundos na primeira visita, por iso a importancia dun deseño profesional.

Mercado máis amplo

Non importa que teñas unha empresa pequena nun pobo pouco coñecido, se vendes un bo produto, poderás chegar a calquera punto do mundo que te propoñas.

Maiores ventas

Se tes unha tenda online, podes convertela túa web nun comercial 24h. Mentres a tenda física ten unha limitación en horarios e días de apertura, a tenda online funciona mentres ti dormes ou mesmo estás de vacacións.

Negocio aberto 24h/365d.

A túa web vai ter o mesmo horario que teña o visitante, non importa que día nin a que hora entre, sempre está dispoñible .

Coste asumible

Unha web en pleno 2016 é un coste asumible para calquera empresa. Mesmo o noso pack máis barato que che ofrecería presenza en internet cunha información mínima da empresa e os detalles de contacto tan só che costa 139€.

Catálogo permanente

Terás o teu catálogo de produtos sempre dispoñible para que os teus clientes fagan uso del. Poderás anexar tanta información por produto como creas convinte.

Posicionarte por encima da competencia.

Se a túa competencia non ten web, ou ten unha web desfasada, poderás axudarte do SEO (posicionamento natural nos buscadores) para posicionarte por encima deles.

Comparte este artigo