¿Por que ter unha web adaptada a dispositivos móbiles é importante?

¿Por que ter unha web adaptada a dispositivos móbiles é importante?

Hoxe en día en España os móbiles son indispensables na vida diaria chegando a transformar o comportamento do consumidor. Non só se utilizan como ferramenta para comunicarse, utilízanse para manterse informado, entreterse e mercar. Un 80% dos usuarios de móbiles no noso país usan smartphones e úsanos a diario para buscar empresas locais, para planificar actividades e para realizar compras.

A medida que o tráfico móbil aumenta, dispoñer dunha web optimizada para móbiles converteuse nunha decisión esencial para ter éxito en internet.

Aquí podes ver unha gráfica co ratio de conversión para webs non optimizadas, non totalmente optimizadas e totalmente optimizadas:

conversion_gl

Como demostra a gráfica, as webs optimizadas para dispositivos móbiles teñen unha porcentaxe moito maior de conversión, é decir, que se a túa web está adaptada, as posibilidades de que vendas un produto ou servizo son moito maiores e, pola contra, se non o está, o consumidor marchará porque lle resulta difícil a navegación dende ese tipo de dispositivos.

Como podes observar, os sitios adaptados para móbiles realmente importan. Ter un sitio adaptado é clave para gañar clientes e fidelizalos, significa máis clientes.

Os usuarios abandonan os sitios web non adaptados pero volven ós que si están optimizados. Máis 3/4 dos usuarios de smartphones din que son máis propensos a repetir visitas a sitios web optimizados. Tamén hai que ter en conta que un 79% que non lles gustan o que atopan nun sitio web porque este non está adaptado, abandónano para buscar noutro que si o estea.

E unha das razóns máis importantes para adaptar a nosa web é que os usuarios non perciben de forma positiva aquelas marcas que non teñen sitios web optimizados para os dispositivos que usan. Se o teu cliente ten unha mala experiencia móbil na web da túa empresa non se sentirá identificado con ela e faralle pensar que non te preocupas polos teus clientes.

Ademáis, cabe recordar que dende o 21 de abril do 2015 inclueuse o concepto mobile-friendly (noutras palabras: amigable para dispositivos móbiles) como atributo do posicionamento orgánico (SEO), é decir, os buscadores penalizan ás webs non optimizadas fronte as que si o están, o que quere decir que a túa posición natural no buscador baixará fronte a túa competencia se ésta si ten unha web adaptada.

Como podes comprobar, invertir nunha nova web optimizada para todo tipo de dispositivos móbiles é rentable para o teu negocio.

En FRAN CORNIDE Deseño Gráfico & Web todas as webs que facemos están optimizadas. Se queres a túa podes ver os nosos prezos neste enlace. Estaremos encantados de botarche unha man para que consigas máis clientes e manteñas os que xa tes.

 

Comparte este artigo