Vantaxes de ter unha Web con Xestores de Contido (CMS)

Vantaxes de ter unha Web con Xestores de Contido (CMS)

Antes de explicar as vantaxes que supón ter unha Web con CMS imos explicar que é un Xestor de Contidos, Content Management System.

Un Sistema de Xestión de Contidos é un programa informático que permite crear unha estructura de soporte para a creación e administración de contidos en páxinas web por parte dos usuarios desta. É unha interfaz que controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o contido do sitio web. O sistema permite manexar de maneira independente o contido e o deseño. Desta maneira publicar e actualizar textos, imaxes ou vídeos nunha páxina web non é una tarefa complicada e calqueira usuario cuns mínimos coñecementos pode facelo de forma sinxela. Como exemplos destes Xestores de Contido máis coñecidos podemos falar de WordPress, Drupal, Joomla, Magento, Prestashop, OsCommerce…

Vantaxes de usar un CMS para a túa web.

  • Aforro de tempo na creación de páxinas web o que se traduce no abaratamento de custos ó utilizar plantillas ou frameworks predefinidos coa posibilidade de adaptalas e personalizalas.
  • Maior flexibilidade para engadir ou suprimir seccións da web.
  • Posibilidade de creación e actualización de contidos diarios para a web xa que non é necesario un coñecemento profundo en programación.
  • Existe a posibilidade de que varias persoas publiquen contido na web cos diferentes roles de administrador, editor, colaborador… facendo más fácil o mantemento da web.
  • Fácil integración coas Redes Sociais e RSS.
  • Bo posicionamento SEO (posición natural en buscadores).
  • Xera automáticamente URLs dinámicas para cada post ou contido publicado facilitando que o contido se enlace mellorando a visibilidade na rede.
  • E por último unha das súas mellores vantaxes é a xestión independente de contido e deseño da web, o que permite que en calqueira momento se poida cambiar o deseño da web sen perder o formato dos contidos.

En francornide.es facemos a túa web con xestor de contidos para que podas ser ti mesmo quen a administre coa formación que damos no momento de posta online da web.

Pero se pola contra queres ser ti quen a faga, próximamente poremos ó teu dispor a posibilidade de que sexas ti mesmo quen cree a web axudado por nós nun curso online de WordPress ou nun curso presencial de WordPress según prefiras, co cal poderás ter a túa propia web máis económica. Séguenos nas redes sociais para estar atento a estes novos cursos.

Comparte este artigo